martes, 13 de septiembre de 2011

Manifestación Vigo Móvete en bici


A BICI É SAÚDE, É MOBILIDADE SOSTIBLE, É FUTURO

¿QUÉ REIVINDICAMOS?
  1. A revalorización social da bicicleta como medio de transporte e non exclusivamente para a práctica deportiva ou de lecer
  2. A discriminación positiva da bici respecto aos medios motorizados: ademais de presentar unha maior eficiencia enerxética, a bici non xera contaminación acústica nin atmosférica, o que contribúe a ter unha cidade máis limpa e agradable.
  3. Intermodalidade, coa creación de condicións que permitan o uso combinado da bici co transporte colectivo.
  4. A pacificación do tráfico, mediante a progresiva reducción da velocidade máxima en todo o casco urbano e un maior control do cumprimento das normas de circulación, de xeito que se garanta a seguridade dos cidadáns.
  5. A convocatoria da Comisión da Bicicleta, constituída no pleno do concello do día 25 de Abril de 2005, que non se reúne dende o 2006, para xestionar tódolos temas que teñan que ver co uso da bicicleta na cidade, entre eles a creación dunha normativa municipal.
  6. A elaboración dun Plan de mobilidade urbana e dentro deste a redacción e aprobación dun Plan Director da Bicicleta.
  7. A promoción da bicicleta, desenvolvendo actividades lúdico-deportivas destinadas a estimular o seu uso dende a infancia e programas que incentiven os máis novos a ir en bici á escola utilizando itinerarios que garantan a súa seguridade vial.
  8. O deseño dunha rede de infraestruturas que garanta a seguridade vial d@s usuari@s da bicicleta e facilite a integración das persoas con mobilidade reducida na mobilidade urbana.
Fuente : A golpe de pedal

Allí estaremos.